Axenda

Axenda de actividades, accións e traballo social

O QUE VEN
  • Mércores 11 de Decembro | Xuntanza da Comisión de Seguimento o vindeiro mércores 11 as 20:00 h. no local da A.VV. do Pilar (onde sempre). A orde do día provisional é a seguinte: | 1) Valoración das xornadas e do ForoVoz. | 2) Orzamento das xornadas e saldo na conta (achegamos folla excell). | 3)  Elaboración dun dossier coas conclusións das xornadas (todo aquel que participou nalgunha palastra seria bo que estivese). | 4) Elaboración dunha folla de ruta a seguir, onde consten tarefas a desenvolver e constituir grupos  traballo  que as leven a cabo. | 5) Varios.
O QUE XA FOI
  • Martes 8 de Outubro | Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo, ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a terceira sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións | Orde do día: 1) Valoración concentracións no parque do 17 e do 21 do mes pasado. - 2) Proposta borrador xornadas (achegámovolo). - 3) Debater a posibilidade de presentación conxunta no Parlamento Galego e no pleno do Concello de proposición non de lei e moción respectivamente. - 4) Varios
  • A mediados de Outubro | Entrando nas propostas de actividades, se fala de facer unhas xornadas para mediados de outubro nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos (inclúe o convenio que se asina en xullo do 2012) e ambientais co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento das augas pluviais e residuais (domésticas e industriais) máis sostible e económico. Estas xornadas desenvolveríanse ao longo dun mes. Constarían de diferentes paneis que se levarían a cabo un par de días á semana. Isto daría unha presenza continuada nos medios de comunicación. Sería interesante mesmo que nestas xornadas participasen tamén técnicos da empresa acuaES e do Concello para que explicasen a súa postura e así a cidadanía puidese ter unha visión dos puntos de vista das diferentes partes. Para tal fin, quédase en que se vai contactar con persoas entendidas nas diferentes materias para que veñan dar os relatorios. | Borrador das Xornadas.
  • Martes, 1 de Outubro | Xuntanza do Grupo de Traballo, para análise do Noso Informe | Estiveron presentes: Amorím (Relator do Informe) Chema e Mónica (Recimil), Alexandre (Verdegaia), Cesio (SGHN), Nes e Inácio (ADEGA).
  • Sábado, 21 de Setembro | Acto reivindicativo no Parque Pablo Iglesias (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...), ás 18:30hs [Convocatoria| Así Foi.
  • Xoves, 19 de Setembro | Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo, ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións | 2013.09.19 - ACTA Nº2 DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO
  • Martes, 17 de Setembro | Concentración no Parque Pablo Iglesias, ás 19:30hs | Contra o tanque de Tormentas e o Modelo de saneamento | Cartaz | Nota de PrensaAsí foi.
  • Xoves, 3 de Setembro | Asemblea. As asociacións (ecoloxista, ambientalista e ecopacifista): ADEGA, SGHN e VERDEGAIA, xunto ao Colectivo Veciñal Opositor ao 'Tanque de Tormentas' no parque público 'Pablo Iglesias' -integrado na  Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, realizaron unha asembleia celebrada no Carvalho Calero o pasado día 3 de Setembro | Así foi.
++++++++++